A Agrupación Musical de Goián será a formación convidada este ano.

O vindeiro sábado 18 de xullo, a Alameda de Ordes converterase no epicentro da música instrumental coa celebración da XXVI Xuntanza de Bandas de Música. O evento dará comezo ás 20 horas e agárdase que, tal e como acontece todos os anos, congregue numeroso público tanto local como doutras localidades próximas.

O encontro está organizado pola Banda de Música de Ordes e a Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes. Nesta vixésimo sexta edición contarase tamén coa participación da Agrupación Musical de Goián, que achegará o talento e o bo facer do Baixo Miño. A agrupación local será a encargada de poñer o broche de ouro a este evento.

Novamente o Concello de Ordes colabora estreitamente con esta cita, un clásico ineludible para as persoas da zona afeccionadas á música instrumental.
 

A alameda de Ordes acollerá a vindeira fin de semana a XXVI Xuntanza de Bandas de Música