Destinaranse preto de 205.000 € para os accesos a Perra dende a AC-409 e para os camiños de Perra a Meitufe e de Mañufe a Cabana.

Iniciado o proceso de licitación para a mellora de tres tramos de vía na parroquia de San Clemente de Mercurín por un importe total que acada os 204.864,35 € (169.309,38 € sen IVE). Un proxecto incluído no POS+ Adicional 4/2025 e que conta cunha aportación de fondos propios do Concello de Ordes por un importe de 49.132,47 €.

         Concretamente trátase dos accesos a Perra dende a AC-409, onde se intervirá en catro treitos de 950x4,5 m, 320x3,5 m, 60x4,5 m e 20x8 m. Tamén en 300 m² de abanicos mediante aglomerado en quente, logo da reparación de fochas e do tratamento asfáltico. No camiño Perra-Meitufe traballarase nun tramo de 980x5 m, así como de 6 abanicos de 18x8 m. Por último, no camiño Mañufe-A Cabana contémplanse dous treitos de 250x5 m e 360x4m. Tamén un entronque de 15x8m e 100 m² de abanicos.

         Inclúese a limpeza de gabias e salvagabias, a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos, ademais da colocación de sinais de STOP nos puntos que se precisen.

O Concello de Ordes abre a licitación para a pavimentación dos accesos a Perra e outros núcleos en Mercurín