spacer
Minuto de silencio polas vítimas dos terremotos de Venezuela

Esta mañá a fachada principal do antigo concello de Ordes foi o lugar de encontro para as persoas que participaron no minuto de silencio en memoria das vítimas causadas polos terremotos acontecidos onte en Venezuela. O Concello de Ordes sumouse así ao chamamento feito dende a FEGAMP para mostrar apoio ás persoas afectadas e á súas familias. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo e a presidenta da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Susana García, figuraron entre os asistentes. Tamén acudiron membros da corporación municipal, representantes da comunidade venezolana no municipio, así como veciños e veciñas.

O Concello de Ordes quere brindar toda a solidariedade e ofrecer apoio ás persoas afectadas, especialmente ás integrantes da colectividade venezolana residentes no municipio.