O Concello de Ordes pon en marcha unha nova edición do Summer Camp, unha proposta para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos, con actividades de lecer, aprendizaxe e moita diversión. ????????????‍♀️

Haberá xincanas, xogos tradicionais, ciencia e natureza, deportes alternativos, excursións, traballos manuais, música e movemento… e moita, moita auga! ????

  • Prazo de inscrición: ata o día 17 de xuño
  • Horario: de 9.00 a 14.00 horas
  • Inscricións no Departamento de Educación do Concello de Ordes
  • 981 680 002, ext. 3

Para servizos complementarios, inscrición online en escolacontalento.es, apartado CAMPAMENTOS.

Desconto do 50% para familias numerosas e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Ordes.

Nos meses de xullo e agosto ofertarase un servizo de transporte gratuíto para os nenos e nenas das parroquias, sempre e cando haxa un número mínimo.

SUMMER CAMP ORDES 2026