AXUDAS CAP 2026
Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade “ampliación ou promoción”, así como para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D, para a incorporación de condutores/as profesionais ao mercado laboral, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento IF310G)
- 1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras e aprobar a convocatoria para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a mellorar a incorporación de condutores profesionais ao mercado laboral, a través de 2 liñas de axuda:
- Liña 1: Subvencionar os cursos realizados coa cualificación de apto, para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e/ou de “ampliación ou promoción”, dos condutores residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.
- Liña 2: Subvencionar a obtención dos permisos de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1, D1+E.Poderá solicitar estas axudas calquera persoa que sexa maior de idade no momento de presentar a solicitude e que estea empadroada na Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao inicio do período subvencionable (31 de outubro de 2025). A persoa solicitante deberá continuar empadroada na Comunidade Autónoma de Galicia de xeito ininterrompido ata a data da resolución.
- Na liña 1 fíxase unha contía máxima a subvencionar por alumno/a para o curso de cualificación inicial, de mercadorías ou de viaxeiros e na modalidade ordinaria ou acelerada, de 1.200€ e para o curso de “ampliación ou promoción”, para os que xa teñen a cualificación inicial nunha das dúas categorías e desexan obter a outra, de 300€.Na liña 2 fíxase a contía máxima a subvencionar por alumno/a para a obtención dos permisos de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1, D1+E, de 1.200€, por permiso de condución obtido. No suposto de obter varios permisos de condución, da mesma ou de distinta clase, o importe máximo subvencionable será de 2.400€.No suposto de solicitar varias liñas o importe máximo subvencionable será de 3.900€, por alumno/a (de superar o curso CAP inicial, o curso de “ampliación ou promoción” e obter varios permisos de condución, con independencia da clase do mesmo).
- O período subvencionable comprende desde o 31 de outubro de 2025 ao 30 de setembro do 2026, ambas datas incluídas. Neste período as persoas solicitantes deberán superar os cursos de formación CAP e obter os permisos de condución correspondentes, para ter dereito a percibir a axuda. O pagamento dos mesmos tamén deberá realizarse dentro do período subvencionable e non se admitirán pagamentos realizados en efectivo.
- Para ser beneficiarios/as da liña 1 terán que ter realizado e superado o curso para a obtención do certificado de aptitude profesional durante o período subvencionable. Non será preciso superar o exame CAP para recibir o pagamento da axuda. Porén, deberán intentar aprobar o exame presentándose a un mínimo de 4 convocatorias no período dun ano, desde o remate do curso, salvo que superen o exame nas convocatorias anteriores. En caso contrario, os beneficiarios/as deberán reintegrar o 20% do importe da axuda percibida.Para ser beneficiarios/as da liña 2 deberán obter un ou varios dos permisos de condución das clases, C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1, D1+E durante o período subvencionable.
- A concesión das axudas farase con cargo á aplicación orzamentaria 2026.05.08.512A.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, por un importe total de un millón de euros (1.000.000 €), sen reparto ou distribución por liñas.Os expedientes de solicitude serán tramitados e resoltos segundo se vaian rexistrando e en tanto se dispoña de crédito orzamentario para elo.
- As solicitudes e a presentación da documentación realizarase polos alumnos interesados a través da sede electrónica da Xunta.O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 09:00 horas do sétimo día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario oficial de Galicia e rematará ás 20:00 horas do día 30 de setembro de 2026.
- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pretende, mediante esta orde de axudas, que se convoca por segundo ano consecutivo, fomentar e facilitar a incorporación de novos profesionais ao sector, ao implementar dúas liñas de axudas para facilitar a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial ou de ampliación ou promoción, o que vai contribuír a mellorar as posibilidades de empregabilidade dun sector da poboación, na medida en que se conceden axudas para o financiamento dos cursos de formación, ampliando así as súas competencias e o seu currículo, como elemento de profesionalización e intenta así mesmo paliar a escaseza de condutores, problema xeneralizado nas empresas de loxísticas da Unión Europea.
DIFERENCIAS ENTRE AS 2 ANUALIDADES:
1. Na convocatoria do ano 2025, as persoas solicitantes debían realizar a presentación de solicitudes a través de entidades colaboradoras. Na convocatoria de 2026 as persoas solicitantes presentarán as solicitudes directamente, accedendo á sede electrónica da Xunta de Galicia. O orzamento asignado é o mesmos en ambas anualidades.