Reordenación temporal do tráfico pola Festa do Champiñón
Con motivo da celebración da XXXV Festa do Champiñón, a partir do xoves 23 e ata o luns 27 ás 15:00 h. levarase a cabo unha reordenación temporal do tráfico e haberá restricións puntuais de circulación e estacionamento na contorna do recinto festivo.
Ademais, a explanada do campo da feira quedará cortada desde o mércores ás 15:00 h., e establécese prohibición de estacionamento na rúa Muiño na súa totalidade desde o xoves ás 08:00 h., así como na rúa da Feira, na zona de estacionamento da marxe dereita en sentido rotonda, tamén desde o xoves ás 08:00 h.
Pregamos á veciñanza que preste atención á sinalización circunstancial e que extreme a precaución nos seus desprazamentos durante estes días.
Desculpade as molestias que estas medidas poidan ocasionar. Trátase dunha actuación necesaria para facilitar a montaxe, o desenvolvemento da festa e a seguridade de todas as persoas asistentes.
Grazas pola vosa colaboración e comprensión.