Máis dun cento de patinadores/as de ata 16 anos participaron na cita

A afección que a veciñanza de Ordes ten pola patinaxe artística quedou unha vez máis de  manifesto tras ver as bancadas do pavillón Castelao I durante o IX Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística, que tivo lugar este domingo 19 de abril. 

Ao longo de toda a mañá un  cento de participantes con idades entre os 2 e os 16 anos saltaron á pista dando o mellor de si. Nesta ocasión os clubs convocados foron o Galia de Ordes, anfitrión da xornada, e o do Val do Dubra. Tamén o Club Conxuro da Laracha. 

 As protagonistas da xornada foron as patinadoras do Club Patinaxe Galia, as cales ocuparon integramente todos os podios en cada unha das posicións, agás na categoría absoluta, que sumou para o Club Coruxo. A concelleira de Deportes, Ana Soneira, foi a encargada da entrega de medallas. Finalmente as clasificacións quedaron do seguinte xeito:

Categoría absoluta

  1. Mónica Insua (Club Coruxo).
  2. Elena Oliveira (Club Coruxo).

Categoría Cadete

  1. Irene Raña (Club Patinaxe Galia).
  2. Iris Moar (Club Patinaxe Galia).
  3. Sara Martínez (Club Patinaxe Galia).

Categoría Infantil (2º ano)

  1. María Rey (Club Patinaxe Galia).
  2. Sara del Río (Club Patinaxe Galia).
  3. Martina Paz (Club Patinaxe Galia).

Categoría Infantil (1º ano)

  1. Sofia Iglesias (Club Patinaxe Galia). 
  2. Eva Quintana (Club Patinaxe Galia).
  3. Elena Rodríguez (Club Patinaxe Galia).

Dende hai días a atención está posta xa no próximo 9 de maio, día no que terá lugar a exhibición de clausura das actividades extraescolares nas que 200 nenos e nenas patinadores/as volverán poñer os patíns para ocupar a pista do pavillón Castelao I.
 

O Club Patinaxe Galia acapara o podio no XI Trofeo de Concello de Ordes de Patinaxe Artística