Onde está o vento? enche a biblioteca de cativada
Un venres máis as Tardes de Contos e Lendas organizadas pola Biblioteca Municipal de Ordes reuniron a un amplo número de persoas que non quixeron deixar de lado esta cita. Nesta ocasión o venres pasado as instalacións situadas nos baixos da Alameda enchéronse de meniños e meniñas de 0 a 3 anos que, acompañados de nais e pais, desfrutaron do espectáculo musical e de narración oral Onde está o vento? Xiada Sanlés Míguez foi a encargada de conducir esta sesión, a cal forma parte do programa Ler Conta Moito desenvolvido pola Secretaría Xeral de Cultura.