Terá lugar no pavillón Castelao I ao longo de toda a mañá

O próximo domingo, 19 de abril, terá lugar a   celebración do IX Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística. Esta cita deportiva, referente no calendario autonómico, desenvolverase no pavillón Castelao 1 dende as 9.30 ata as 14 horas aproximadamente. Un cento de participantes, con idades que abranguen dende os 2 ata os 16 anos, sairán á pista ao longo de toda a mañá para demostrar a súa valía en categorías que van dende a de iniciación ata a amateur. 

     Os auténticos protagonistas da xornada serán os/as integrantes do Club Galia de Ordes e Val do Dubra, así como os/as do Club Conxuro da Laracha. Unha vez finalizada a competición farase entrega das medallas e dos trofeos.
 

100 deportistas participarán este domingo no IX Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística