A SDC Órdenes abre o prazo de inscrición para o seu Campus Multideporte 2026
Terá lugar no mes de xullo e vai dirixido a rapazada de 6 a 13 anos. Haberá descontos para os que se matriculen antes do 1 de xuño
A Sociedade Deportiva Club Órdenes vén de comunicar a apertura do prazo de inscrición para o seu Campus Multideporte 2026. A programación para este ano inclúe adestramentos de fútbol, actividades de multideporte, xogos de auga e sesións de piscina.
Este programa estival, deseñado para nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, desenvolverase principalmente na Cidade Deportiva de Vista Alegre nos meses de xuño e xullo, en horario de 9 da mañá a 2 da tarde. As sesións estruturaranse en cinco quendas semanais, comezando o 29 de xuño e prolongándose ata o 31 de xullo. Dende a organización destacan que existen prezos especiais para as familias que formalicen a matrícula antes do 1 de xuño.
Para máis información ou para consultar a guía completa do campus, as persoas interesadas poden escanear os códigos QR que figuran no cartel oficial. Tamén se pode enviar un correo electrónico a sdordenes@gmail.com ou chamar ao teléfono 636 470 200.
O Campus Multideporte da SDC Órdenes conta cos apoios institucionais do Concello de Ordes, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia a través de Deporte Galego. Tamén co do operador de telecomunicacións Fibritel.