Mercedes Soneira López, natural da parroquia de Beán, presentou o seu último libro en Ordes. Ondinas e Misterios atende ao apoderamento feminino, valéndose dunha estética vinculada ao imaxinario mariño e utilizando elementos mitolóxicos. O acto, ao que acudiu numeroso público, estivo encabezado pola propia autora e por Susana García, concelleira e presidenta da Mancomunidade de Ordes. Tamén polo editor Manuel Arena e pola profesora Rocío Vázquez. 
 

Mercedes Soneira López presenta Ondinas e Misterios