A Casa da Cultura quedou pequena para o numeroso público que na tarde do sábado acudiu para poder desfrutar do III Festival Infantil Dende o Colo. Amizades e familiares non quixeron perder a ocasión de ver á súa cativada enriba do escenario do auditorio María del Carmen Regueira Amor. Alí demostraron os seus dotes no que a baile e canto tradicional respecta. Por suposto tampouco faltaron as pandeiretas.  Organizado pola Asociación Cultural Camiño Real de Poulo, nesta ocasión como agrupacións convidadas estiveron as asociacións culturais Santa María de Torás (Laracha) e Lembranzas da Ría (Cangas).

Unha cita na que ademais do Concello de Ordes tamén participaron a Deputación da Coruña e Casa Grande de Xanceda.
 

O III Festival Dende o Colo enche a Casa da Cultura