Desenvolveranse neste mes e premiarán a fidelidade da clientela con tabletas, sesións fotográficas e reloxos intelixentes. Tamén se agasallará con entradas para contacontos e pases para inchables

A día de hoxe, en colaboración co Concello de Ordes e a Xunta de Galicia, AECOR Centro Comercial Aberto ten en marcha dúas iniciativas comerciais en Ordes. Coincidindo co mes dedicado ás nais estase a desenvolver a campaña A nai, o noso mellor agasallo, tendo como obxectivo principal fomentar o consumo nos establecementos de proximidade e poñer en valor a diversidade do tecido comercial local. 

A campaña estará vixente ata o 3 de maio. Durante este período,  a veciñanza e visitantes que realicen as súas compras nos comercios asociados poderán participar no sorteo dun pack composto por unha tableta, un reloxo intelixente e unha sesión de fotos.

A dinámica pasa por completar unha tarxeta con catro adhesivos de diferentes cores, os cales corresponden aos diferentes sectores. Máis concretamente o verde será para moda e fogar, o vermello para hostalería e alimentación, o laranxa para centros de beleza e saúde e o azul para servizos e outros. Os adhesivos entregaranse por cada compra superior a 5 euros. Completada a tarxeta e cuberta cos datos persoais estarán listas para entrar no sorteo.

En total participan máis dun cento de establecementos. Detalladamente son os seguintes:

  1. Adhesivo vermello (hostalería e alimentación): Adega A Barrica, Doniña, A Campana, Panadería Gende, Café-bar Lesta Restaurante, Pizzería Pikoliño, Carnicería Enrique, Café-bar Restaurante El Túnel, Cervecería PJ, Café Bar Gerardo, Casa Zapateiro S.L., San Roque, Panadería Milagros S.L., Mesón do Pulpo Guindiboo, Conxelados Ártico, Frutas Gofer, A Carnicería de Jesús, Feitizo, Antoxo, Onyx, Cafetería Maral, Restaurante Asador O Forno, Abacco, Pub Café La Perla, Cafetería A Bolera, Velvet, Almacenes Cancela S.L., Casa Barreiro S.L., Casa Rural Antón Veiras, Confitería Cafetería Nogallás, O Recuncho de Deus, Parrillada O Rancho, Pizzería A Quintana.
  2. Adhesivo azul (servizos e outros): Galimóvil, Comercial Tino, Don Dino, Arume, Mundo Print, Agrocousas Ordes S.L., Imprenta Alpi, Librería Tango, Filmate, La Repro, Tiko Doco, Mis Personajes, Vexo Vexo, Floristería As Mimosas, Tres Lápices, Mapfre Ordes, Bitnorte, CG Producciones, Estación Servicio Ordes, Opel, Tex45 Producións, S.L.U., Version Galega.com, SC.
  3.  Adhesivo verde (moda e fogar): Zapatería Sanmede, Confecciones Blanco, As Puntadas, Calzados Capitán, Teresa Álvarez, A Casa das Medias, Alfonso Joyeros, Javier Alfonso Moda, Couselo Muebles S.L., Moda Xoven A. Ferreiro, Mundo Kids, La Oca Verde, Activa Casas Faya, Tendas Muxa, Comercio de Pazos, Super Bazar Chino Mundo, Kyrie, Pasos, Únik@, Tejidos Rodríguez, Numa, Dress, Sportec, Tasmania, Mercería Arco Iris, Decopecho, Peteiro Decoración Textil de Interiores, Electricidad Marcial, Mercería-Lencería Andrea, Tien21, Jogafan Muebles, Juan Carlos Varela Candal, Pena Otero S.L.
  4. Adhesivo laranxa (centros de beleza e saúde): Ana Campo Peluquería, Neurolar, Rocío Casal Peluquería, Cosméticos Mayfer, Multiópticas Verónica Dono, Óptica Pilar Mariño, Alain Afflelou Óptico-Ordes, Centro de Terapia Sanjurjo, D'chus Centro de Estética, Alberto Rama S.L., Zenna Nails Salon, Cynthia Estética Belleza y Bienestar, Peluquería Stilos, Alba Docampo, Carmen Prado Centro de Estética, Alexandra Maneiro Peluquería, Flowers Esmaltería, Rama Peluquero.

23 de abril

Asemade, coincidindo co Día Internacional do Libro, tamén se está a levar a cabo ata o 23 de abril a campaña Un conto para Ordes con AECOR. Un xeito co que a asociación busca incentivar a lectura entre os máis novos e novas ao tempo que apoia ás librerías e establecementos especializados. Nesta ocasión participan Arume, Librería Tango, 3 Lápices, La Repro Ordes, Vexo Vexo, Tiko Doco, Don Dino e Mis Personajes.

Por cada compra dun libro darase unha entrada gratuíta para o contacontos que terá lugar o mesmo día 23 ás 17:30 horas nos baixos da Alameda (Salón de plenos). Tamén se agasallará cunha entrada para poder desfrutar dos inchables que nese día quedarán instalados no Parque da Constitución.

Calquera persoa que o precise pode consultar as bases detalladas de ambas as campañas na páxina web oficial da asociación: www.aecorcca.com.

AECOR promove o comercio local con dúas campañas simultáneas co gallo do Día da nai e do libro