Convocatoria para as persoas afectadas pola ampliación do polígono industrial de Merelle
Os días 20, 21 e 22 de abril terá lugar a toma de datos directamente nas parcelas. Dende o Concello de Ordes solicítaselles a propietarios/as que se rocen e se sinalicen debidamente para facilitar os traballos.
O Concello de Ordes vén de facer pública unha convocatoria para os días 20, 21 e 22 de abril aos propietarios e propietarias afectados polo proxecto de ampliación do polígono industrial de Merelle. Durante esas xornadas está prevista a toma de datos sobre o terreo. Co fin de facilitar o dito labor, desde a Administración local solicitan que se leven a cabo as rozas e as sinalizacións das parcelas.
O lugar de encontro para as tres xornadas está posto na vía que vai de Reboredo a Esmorís, nas inmediacións do mesmo polígono (parte traseira do desguace), ás 10 horas.
Para calquera consulta as persoas afectadas poden contactar con Estudio Técnico Gallego S. A. no teléfono 619 300 167. Tamén a través do enderezo electrónico estudiotg@estudiotg.es.