A foliada de Sementes da Arte enche a Casa da Cultura
Centos de persoas encheron este sábado a Casa da Cultura de Ordes para desfrutar durante máis de dúas horas da gran foliada organizada por Sementes da Arte. Decenas de músicos e bailaríns pasaron polo escenario do auditorio María del Carmen Regueira Amor.
As formacións e grupos que compuxeron o cartel deste ano foron: Silva Ruada, Fieiteiras, Son da Terriña, Coro Galego, Monte do Gozo, San Martiño, Son do Fol, Cantarelas, Folque Ruada, Nunca é tarde e Xaopai.