Será o 6 de abril e está pensada para nenos e nenas a partir dos 8 anos. 

Dende o departamento de Educación está organizada unha saída ao parque multiaventura Galipark (Padrón) o próximo 6 de abril. Especialmente pensada para nenos e nenas a partir dos 8 anos, a saída será ás 9 horas e a chegada está prevista arredor das 15 horas, en ambos os casos dende a rúa Entreparques. 

As persoas interesadas terán de prazo ata o próximo venres, 27 de marzo, para poder inscribirse. Poden chamar ao teléfono 981 680 002 (ext 3). Ao ser limitadas o número de prazas, estas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas. O prezo da actividade será de 10 euros. Circuítos de altura, lasertags, tiro con arco ou tirolesas  forman parte das actividades previstas para ese día. Recoméndase levar merenda.
 

Excursión ao parque multiaventuras Galipark