Marcha solidaria contra o cancro en Ordes
Organizada pola xunta local da AECC, terá lugar o vindeiro 12 de abril. O percorrido, de 7,5 quilómetros, transcorrerá polo roteiro do río Mercurín
Un ano máis a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Ordes organiza unha nova edición da súa andaina solidaria contra o cancro. Nesta ocasión a data escollida é o do-mingo 12 de abril.
A saída será ás 10 da mañá dende o Campo da Feira para transcorrer polo roteiro do río Mercurín. Un percorrido de 7,5 quilómetros accesible tanto para xente nova como maior. Quen o desexe xa se pode apuntar logo do pago de 5 euros ou de 3 se se trata de nenos ou nenas de ata 12 anos. Poderase facer no bar Salón, situado na rúa Parque Municipal, ou ben a través do enlace: https://www.rockthesport.com/es/evento/ordes-en-marcha-contra-o-cancro-2026/my-registration. Quen o prefira tamén pode colaborar adquirindo o dorsal solidario, sen ter que participar na andaina. Todos os cartos recadados destinaranse á investigación e aos servizos gratuítos que se brindan aos familiares dos/as pacientes.
Esta iniciativa conta co patrocinio de Vegalsa Eroski e Solán de Cabras. Tamén colaboran Macoga e o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar.