O Concello organiza para as mañás dos días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril actividades de conciliación como alternativa ás vacacións escolares. Van dirixidas á rapazada escolarizada de 3 a 12 anos. 

Aberto o prazo para apuntarse nas actividades de conciliación organizadas polo Concello de cara ás vacacións escolares de Semana Santa. Dirixidas a nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos, terán lugar os días 30 e 31 de marzo e o 1 e 6 de abril. O horario estipulado vai de 9 a 14 horas, estando programados xogos tradicionais e deportivos, xincanas, obradoiros creativos,  traballos manuais, música e movemento ou ciencia divertida. 

A cota de inscrición ascende a 16 €, contando as familias numerosas cun desconto do 50%. Na pestana campamentos da páxina web www.escuelacontalento.es poderanse contratar a maiores servizos diarios como o de madrugadores (7.30-9 h), mediodía (14-15.30 h) almorzo e xantar.
 

Abre a inscrición para o Semana Santa Camp