O Concello anima a bares e restaurantes a participar da iniciativa que terá lugar os días 29 e 30 de maio e os 5 e 6 de xuño. 

A través das súas redes sociais e plataformas dixitais o Concello de Ordes fai un chamamento público e convida aos bares e restaurantes da localidade a participar no concurso Ordes de Tapas. O principal obxectivo desta iniciativa pasa pola dinamización da gastronomía do lugar e por atraer visitantes. 

Inicialmente está previsto que se desenvolva nas fins de semana do 29 e 30 de maio, así como na do 5 e 6 de xuño. Todos aqueles establecementos que se animen a realizar unha tapa de altura terán opción para facerse con algún dos premios, os cales serán outorgados segundo as votacións emitidas pola propia clientela. Entre as vantaxes de participar neste novo concurso hai que citar a promoción gratuíta nas redes sociais municipais, así como noutras de futura creación (Ordes Gastronómico).

O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de marzo no departamento do Cultura do Concello de Ordes, ou tamén chamando ao teléfono 981 680 002 (ext. 4).

Novo concurso de tapas na hostalaría de Ordes