Nela participan máis de 80 establecementos asociados. Ata o próximo día 21 poderase participar no sorteo dunha Smart TV de 50” 

Co gallo do Día do Pai, a Asociación de Empresarios e Comerciantes da Comarca de Ordes AECOR CCA lanza unha nova campaña baixo o título Atopa o tesouro do pai. Nela participan algo máis de 80 establecementos asociados. Ata o vindeiro 21 de marzo as persoas maiores de idade (excepto asociados) que realicen compras ou visiten estes negocios poderán entrar no sorteo dunha Smart TV de 50” valorada en 376€.

Cada establecemento colocará, ben no seu escaparate ou onde estime preciso, unha palabra coa que poder completar a frase “Papá é o meu ….. favorito”. A clientela deberá cubrir unha papeleta na que indicará a dita palabra xunto cos seus datos persoais, teléfono de contacto e o nome do establecemento. Unha vez completado o documento, este depositarase nas urnas habilitadas. Cada persoa poderá participar tantas veces como desexe, sempre e cando se trate de papeletas diferentes correctamente cubertas. Non se admitirán papeletas repetidas que indiquen a mesma palabra atopada no mesmo establecemento pola mesma persoa.

A campaña Atopa o tesouro do pai ten como obxectivo dinamizar o comercio local, dándolles visibilidade aos establecementos asociados mediante a participación cidadá. Nela participan o Concello de Ordes, Xunta de Galicia e Comercio Galego.

A lista de negocios participantes é a seguinte:

Doniña, Galimovil, Zapatería Sanmede, Comercial Tino, Panadería Gende, Farmacia Pilar Cristin Mariño, Café-Bar Restaurante Lesta, Pizzería Pikoliño, Ana Campo Peluquería, Confecciones Blanco, Neurolar, Rocío Casal Peluquería, As Puntadas, Don Dino, Arume, Cosméticos Mayfer, Calzados Capitán, Teresa Álvarez, A Casa das Medias, Alfonso Joyeros, Javier Alfonso Moda, MundoPrint, Couselo Muebles S.L, Multiópticas Verónica Dono, Moda Xoven A. Ferreiro, Óptica Pilar Mariño, Carnicería Enrique, Agrocousas Ordes S.L., Café-Bar Restaurante El Túnel, Cervecería PJ, Café Bar Gerardo, Casa Zapateiro S.L., Cafetería San Roque, Alain Afflelou Óptico-Ordes, La Oca Verde, Alpi Imprenta, Librería Tango, Panadería Milagros S.L., Fílmate,  Activa Casas Faya,  Tendas Muxa,  Comercio de Pazos, Mesón do Pulpo Guindiboo, La Repro Papelería e Imprenta, Super Bazar Chino Mundo, Centro de Terapia Sanjurjo, Tiko Doco, Kyrie Novia y Ceremonia, Conxelados Ártico, Frutas Gofer, Mis Personajes, Farmacia Divina Pájaro Lago, A Carnicería de Jesús, D’Chus Centro de Estética, Vexo Vexo, Clínica Dental Alberto Rama S.L., Pasos, Únika, Zenna Nails Salon, Cafetería e Centro de Ocio Infantil Feitizo, Floristería As Mimosas, Antoxo, Tecidos Rodríguez, Numa, Dress, 3 Lápices, Atmósfera Sport Sportec, Peluquería Stilos, Cafetería Maral, Alba Docampo, Carmen Prado Centro de Estética, Tasmania, Mercería Arco Iris, DecOpecho, Alexandra Maneiro Peluquería, Peteiro Decoración Textil de Interiores, Mercería-Lencería Andrea, Flowers Esmaltería, Mapfre Ordes, Rama Peluquero, Cafetería A Bolera, Tien21 e Jogafan Muebles.