Pablo Díaz inaugura as Tardes de Contos e Lendas
Pablo Díaz foi o encargado este ano de abrir o programa Tardes de Contos e Lendas co que a Biblioteca Municipal de Ordes anima aos máis cativos e cativas a collerlle gusto á lectura. Esta vez a sesión estaba dirixida a nenos e nenas con idades entre os 4 e os 7 anos. Contando números, cantando cores é o título do espectáculo co que desfrutaron tanto das narracións como das partes musicalizadas. De feito, moitas desas cancións están incluídas ao longo dos cinco traballos discográficos que Pablo Díaz publicou nestes últimos anos.