Pablo Díaz abre o novo ciclo das Tardes de Contos e Lendas na Biblioteca Municipal de Ordes
Será o venres co seu espectáculo Contando números, cantando cores
O próximo venres, 27 de febreiro, é a data escollida para levar a cabo a primeira das Tardes de Contos e Lendas deste ano. Pablo Díaz chega á Biblioteca Municipal de Ordes co seu espectáculo Contando números, cantando cores. Unha sesión onde se falará da igualdade de oportunidades, do respecto, da liberdade e da equidade. Todo isto a través de contos que nalgunhas ocasións estarán musicalizados polo propio artista. A sesión, cunha duración aproximada de 45 minutos, finalizará cun pequeno concerto no que Pablo Díaz interpretará algúns dos seus temas máis coñecidos e publicados nalgún dos 5 discos que xa ten publicados.
As Tardes de Contos e Lendas darán comezo ás 18 horas e a entrada está limitada a 30 nenos e nenos con idades entre os 4 e os 7 anos. A reserva de praza pódese facer presencialmente na mesma biblioteca ou ben chamando ao teléfono 981 681 992.