Esta mañá deron comezo as actividades de conciliación organizadas polo Concello de Ordes durante as vacacións de Entroido. Un total de 16 nenos e nenas participan nesta quenda, que continuará tamén na xornada do próximo mércores.

Xogos tradicionais e deportivos, música e movemento, obradoiros de creatividade, traballos manuais ou festas de disfraces serán algunhas das actividades que se levarán a cabo.

Primeira xornada de conciliación no Entroido de Ordes