Festival de Entroido da Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música de Ordes celebrou esta fin de semana o seu Festival de Entroido. Polo escenario da Casa da Cultura pasaron arredor dunha trintena de alumnos e alumnas para tocar e cantar en directo temas musicais de estilo funky, rock, jazz, folclore galego, pop irlandés ou k-pop. Foron moitos os familiares e achegados que non se quixeron perder esta cita.
Ademais do Concello de Ordes, no festival deste ano tamén colaboran a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.