Máis dunha trintena da alumnos e alumnas organizados en combos ofrecerán pezas dos máis diversos estilos. A entrada será de balde para todas as persoas que desexen asistir. 

Este sábado, día 14, vai ter lugar o Festival de Entroido da Escola Municipal de Música de Ordes. A cita, para a que están convidadas todas as persoas que desexen asistir, dará comezo ás 12 horas na Casa da Cultura e terá unha duración aproximada dunha hora. 

Polo escenario do auditorio María del Carmen Regueira Amor pasarán máis dunha trintena de alumnos e alumnas de distintas idades, integrantes todas e todos eles de combos musicais. En total serán oito pequenas formacións que ofrecerán pezas de estilos que van dende o funky, ata o rock, jazz, folclore galego, pop irlandés ou k-pop. Tamén  actuará o coro e un grupo de frautas. Abrindo o espectáculo estarán os máis novos e novas da escola, o alumnado de música e movemento. 

Ademais do Concello de Ordes no festival deste ano tamén colaboran a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

A Escola Municipal de Música celebra este sábado o seu Festival de Entroido