Os mortos tamén falan, este venres na Casa da Cultura
A peza teatral mestura comedia e música nunha historia na que dúas mulleres comparten segredos, verdades, culpas e revelacións.
Este vindeiro venres, 23 de xaneiro, a partir das 20 horas, o escenario do auditorio da Casa da Cultura servirá de espazo para a función Os mortos tamén falan. Unha proposta teatral na que a comedia e a música se dan a man nun momento no que a casualidade propicia que dúas mulleres queden pechadas nunha cociña. A partir de aí sucédense unha cascada de revelacións, segredos, culpas e verdades que durante anos estiveron ocultas.
A entrada será de balde ata completar a capacidade.