Leticia Sabater. O Entroido chega a Ordes
Actuará o luns 16 de febreiro no Campo da Feira
A falta dun mes para o Entroido, Ordes xa quenta motores para unha das celebracións máis importantes do municipio. A Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes vén de facer público o seu cartel para a noite do luns 16 de febreiro.
A famosa e televisiva Leticia Sabater ofrecerá o seu espectáculo no Campo da Feira. A gran festa dará comezo ás 22.30 horas contando tamén con Discoteca CDC e co grupo Unión e Fuerza. Para maior desfrute instalarase unha carpa climatizada que albergará todos e cada un dos espectáculos. Cómpre lembrar que neste 2026 o Concello de Ordes, entidade colaboradora deste evento, marcou como xornada festiva local o martes de Entroido. Con isto agárdase que un bo número de veciños e veciñas acudan á cita.