A XUNTA APROBA O PROXECTO DE TRAZADO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA SENDA NA ESTRADA AC-542 EN ORDES, QUE SUPOÑERÁ UN INVESTIMENTO DE CASE 1,2 M€
-
O Goberno galego realizará proximamente a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións, procederase á redacción do proxecto construtivo, á súa aprobación e posterior licitación da obra.
-
Executarase un novo itinerario, cunha lonxitude de 1.780 metros e con dous tramos.
-
O primeiro treito comezará no punto quilométrico 19+600 da estrada, partindo da senda existente na marxe dereita e continuando ata a beirarrúa do punto 20+920; e o segundo vai pola marxe esquerda, desde o punto 21+000 ata a glorieta cara á N-550.
-
Trátase de continuar a senda executada no límite de Ordes e Carral, na AC-542, con motivo do paso do Camiño Inglés, e conectala coa N-550, no Mesón do Vento.
O Consello da Xunta aprobou hoxe o trámite de información pública e o proxecto de trazado para construír unha senda na estrada AC-542 en Ordes, que suporá un investimento de case 1,2 M€.
A Xunta prevé realizar proximamente a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións; procederase á redacción do proxecto construtivo, á súa supervisión e aprobación, e á posterior licitación da execución da obra.
O obxectivo desta intervención, que terá un prazo de execución de 6 meses, é a construción dun novo itinerario que sumará unha lonxitude total de 1.780 metros e contará con dous tramos.
O primeiro treito comezará no punto quilométrico 19+600 da estrada, partindo da senda existente na marxe dereita e continuando ata a beirarrúa do punto 20+920.
O segundo tramo discorrerá pola marxe esquerda, desde o punto 21+000 ata a glorieta que conecta coa N-550, no punto 21+380.
Trátase de dar continuidade á senda executada no límite dos municipios de Ordes e Carral, na AC-542, con motivo do paso do Camiño Inglés, e conectala coa N-550 ao seu paso polo Mesón do Vento.
