A mostra fotográfica poderase visitar ata o 13 de febreiro no Museo do Traxe Juanjo Liñares. Este venres o autor participará na presentación oficial e nun faladoiro

Dende mañá martes e ata o 13 de febreiro poderase visitar no Museo do Traxe Juanjo Liñares a exposición fotográfica Capturando a Natureza. Un traballo realizado polo fotógrafo Álvaro Lamas, quen ademais estará o vindeiro venres día 16, ás 19 horas, no mesmo mu-seo para facer unha presentación oficial e levar a cabo un faladoiro co pú-blico que se achegue.

     Englobada dentro do proxecto Lost in Woodlands Photography, esta mostra supón un percorrido por fervenzas e fragas de Ferrolterra, pola cos-ta do Ortegal e a Mariña lucense, pasando por recunchos e territorios de Asturias, Cantabria ou Navarra.

     En palabras do propio Álvaro Lamas, “Capturando a Natureza represen-ta a esencia do meu proxecto: capturar lugares que sorprenden pola súa beleza, esplendor, maxia ou encanto. Ás veces son grandes paisaxes co-mo fervenzas ruxidoras, xélidos lagos de montaña ou solpores vertixinosos sobre acantilados. Outras, un pequeno cogomelo agochado entre follas po-de representar un mundo enteiro e levarme a pasar media mañá no chan para retratalo”.     

     Luz, emoción e paisaxe dialogan en cada fotografía facendo ás persoas partícipes da quietude e do equilibrio entre o caos da natureza e a súa harmonía máis íntima. Con Capturando a Natureza Álvaro Lamas non só quere documentar, senón tamén transmitir as emocións que se senten can-do se está nela.    

     O horario de visita irá de martes a sábado de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Tamén o domingo e festivos en horario de mañá.
 

Álvaro Lamas trae a Ordes a súa exposición Capturando a Natureza