O Concello de Ordes abre a licitación de varias vías municipais en Montaos orzamentadas en 390.000 euros
Incluídas no POS+Adicional 2025, o prazo de presentación de ofertas finalizará o próximo 19 de xaneiro
Ata o vindeiro día 19 de xaneiro po-deranse presentar ofertas para realizar as obras de mellora no asfaltado e acondicionamento de varias vías situadas na parroquia de Montaos (termo municipal de Ordes), incluídas no POS+ ADICIONAL 2/2025.
O orzamento total, impostos incluídos, ascende a 389.935,36 €.
En concreto o proxecto contempla as pistas que van dende Queis por detrás da igrexa ata o campo de fútbol de Montaos (870 metros de lonxitude), a de acceso á Espiñeira (2 treitos de 480x5,5 m. e 175x5 m.), a que vai dende A Chan ata a N-550 (110x4 m.), a de servizo na N-550 (55x4 m.), así como outra na Condomiña (2 treitos de 48x4,8 m. e 145x3,5 m.). Tamén se contemplan intervencións nos camiños Porta dos Condes a Piñeiro (3 treitos de 85x5,5 m., 20x4,5m. e 385x3 m.) e no que vai dende o interior de Fosado á estación (2 treitos de 145x4 m. e 100x5,9 m.).
Ademais de mellorar a capa de rodaxe contémplanse tamén inter-vencións para a mellorar a seguridade mediante a construción e o arranxo de beiravías, infraestruturas para a recollida de pluviais e abastecemento, a limpeza de gabias e salvagabias para unha correcta drenaxe, ademais da sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos e a coloca-ción daqueles sinais de tráfico necesarios.