Curso sobre o cultivo e a produción de castañas
Será de balde e terá lugar este xoves en Ordes en horario de mañá
Mañá xoves impartirase en Ordes un curso sobre o cultivo e a produción de castañas. O lugar escollido para esta formación é o salón de plenos, situado nos baixos da alameda, dende as 11 ás 14 horas.
Alí Diego Sánchez, da Asociación Frouma, falará da recuperación de montes para a produción de alimentos. José Queijas Pallas e José Antonio Liñares Candal, membros da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, falarán do castiñeiro como cultivo de futuro. Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña, polo que asistir non terá ningún tipo de custo. Basta con comunicar previamente a participación chamando aos teléfonos 981 682 908, 608 175 565 e 649 886 267.
Organizada pola Asociación Frouma, a xornada conta coa colaboración do Concello de Ordes, do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos.