Por compras superiores a 20 € poderase participar no sorteo das figuriñas. Haberá bonos de 10, 20, 30 e 50 € e outros dous de 500 €

Dende hoxe e ata o próximo 2 de xaneiro Aecor Ordes manterá a súa campaña de Nadal, coa que se poderá optar a bonos por un valor total de 6.000 euros e a multitude de premios sorpresa doados polos socios e establecementos colaboradores. Máis concretamente serán 5.000 euros en bonos de 10, 20, 30 e 50 euros, máis outros 1.000 euros repartidos en 2 bonos de 500.

Para poder participar será imprescindible contar con tíckets de compras superiores aos 20 euros que se leven a cabo ata o 2 de xaneiro nos comercios e negocios asociados. Cada un deles dará opción a probar sorte coas figuriñas de Aecor. Estarán situadas nas dependencias da asociación, nos baixos da alameda, os días 22, 23, 26, 29, 30 de decembro e o 2 de xaneiro de 10.30 a 13.30 e de 16 a 19 horas. Tamén o 24 de decembro de 9 a 16 horas e o 31 de decembro de 9 a 13 horas.

AECOR tamén convidou a Papá Noel a pasar por Ordes. Deste xeito os día 22 e 23 de decembro estará na caseta situada no Parque da Constitución desde as 16 ás 19 horas, mentres que o día 24 o fará de 11 a 13 horas.

Un ano máis o Concello de Ordes e a Xunta de Galicia participan na campaña promocional de Nadal desenvolvida pola asociación empresarial de referencia do municipio.