SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL
O Concello de Ordes contrata, durante 9 meses a xornada completa, a unha persoa moza inscrita como beneficiaria do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) , no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxecto da contratación é proporcionarlle experiencia e práctica profesional facilitando a súa inserción laboral. Para iso, o noso concello foi beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2025, outorgada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Trátase dun programa de Emprego cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+ Galicia) para o período 2021-2027, de colaboración con entidades locais e con organismos intermedios sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil . O obxectivo desta contratación é o apoio ao departamento de Deportes do Concello de Ordes así como visibilizar a aposta polo deporte e a actividade física, acompañando a mellora da calidade dos servizos e potenciando hábitos saudables entre a cidadanía.