O galardón popular entregarase o 19 de decembro, na V Gala do Deporte  

Ata o 14 de decembro a veciñanza de Ordes poderá votar aos mellores deportistas do pobo, de cara á entrega de premios da que será a V Gala do Deporte do Concello de Ordes. Esta celebrarase o venres 19 de decembro no pavillón Castelao I. Aquelas persoas que queiran participar tan só terán que reflexar as súas valoracións no formulario que xa está a disposición de todos/as nas redes sociais municipais. Enlace no que tamén poderán consultar o currículo de cada un dos nominados/as.

     Na categoría masculina os nomes escollidos para esta edición son: Álvaro Viqueira (Club Xadrez Ordes), Gonzalo Louro Noya (Club  Patín Zendal), Jorge Cano (Cornhole Ordes) e Mateo Boudjenane Liñares (Club Boudsport Taekwondo).

     Na categoría femenina figuran: Alba Figueira Marzoa (Club Boudsport Taekwondo), Alba Rey Franqueira (Club Boudsport Taekwondo), Gabriela Balestrini (Cornhole Ordes), Lara López Fernández (Club Natación Ordes, salvamento) e Natalia Raña (K2ORDES). 

Abre o período de votación para escoller o mellor deportista masculino e femenino do pobo de Ordes