Ordes, listo para acender o Nadal
Será mañá, día no que AECOR tamén vai encher o parque da Constitución de maxia coas actuacións de Yago Barral, Álex de las Heras, Sena e Apolo jr
Mañá venres, 5 de decembro, é o día escollido polo Concello para dar o tiro de saída oficial ás festas de Nadal de Ordes co acendido do seu sistema de iluminación. Van ser preto de 300 elementos os que iluminen con luces led de distintas cromáticas tanto as rúas da vila como as das parroquias do eido rural.
Tamén mañá AECOR ofrecerá un espectáculo de maxia no parque da Constitución a partir das 18 horas. Alí estarán os magos Yago Barral, Álex de las Heras, Sena e Apolo jr. Unha cita chea de sorpresas que deixará a todos e todas coa boca aberta cos números máis impresionantes. Nela colaboran tamén o Concello de Ordes e a Xunta de Galicia.