Primeira fase do curso de fitosanitarios en Ordes
Unha trintena de persoas asistiron esta fin de semana á primeira fase do curso teórico-práctico de aplicador de produtos fitosanitarios que se está a desenvolver no centro sociocomunitario Isabel Zendal, na vila de Ordes. En total son 25 horas de formación que continuarán impartíndose ao longo dos días 13 e 14 de decembro. A asistencia a esta formación posibilitará poder presentarse ás probas para obter o carné homologado pola Xunta de Galicia. Estas terán lugar o 19 de decembro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.