Tardes de Contos e Lendas da man de Raquel Queizás
Raquel Queizás fixo esta fin de semana parada na Biblioteca Municipal de Ordes. A narradora e filóloga foi a protagonista da última entrega das Tardes de Contos e Lendas, coa súa sesión titulada Raposadas. Nesta ocasión a cita estivo pensada para os nenos e nenas de 3 a 6 anos.
Para poder levar a cabo esta actividade o Concello de Ordes conta coa colaboración da Deputación da Coruña.