A partir do mércores 10 ata o domingo 14 de decembro abrirase o prazo de renovación dos cursos de natación na Piscina municipal Iván Raña Fuentes para o trimestre do 1 de xaneiro ao 31 de marzo de 2026.

Do 16 ao 19 de decembro abriranse as novas inscricións para persoas empadroadas en Ordes, e do 21 ao 26 de decembro para persoas non empadroadas, segundo as prazas dispoñibles.

Tanto as renovacións como as novas inscricións serán só presencialmente na Piscina municipal Iván Raña Fuentes.

Nas imaxes que acompañan esta publicación podes consultar todos os horarios e niveis dispoñibles, así como as datas de renovación e novas inscricións.

Para máis información ou axuda, podes chamar ao teléfono 981 69 75 37 ou acudir á propia instalación.