Ordes acolle unha xornada sobre pastoreo
Unha vintena de persoas participaron no día de hoxe na xornada gratuíta sobre xenética no pastoreo. Ao longo de toda a mañá biólogo ambiental, asesor e gandeiro, Antonio Tucci, compartiu coñecementos para lograr os mellores pastos. Tamén falou de procedementos e técnicas xenéticas aplicables para poder potenciar mellores resultados na calidade da carne e do leite. Xa pola tarde, tras un xantar con petiscos, realizouse unha visita a unha explotación situada na parroquia de Beán.
A xornada Xenética do pastoreo foi organizada polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e a Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros en colaboración co Concello de Ordes. A financiación veu dada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.