O programa Outono Cultural, organizado polo Concello de Ordes en colaboración coa Deputación da Coruña, baixou o pano esta fin de semana. O protagonista desta última cita foi o humorista Isi. O seu espectáculo O 90% é verdade trouxo á Casa da Cultura un bo número de veciños e veciñas que non pararon de rir co seu monólogo.

Dende o pasado mes de setembro, o Outono Cultural permitiu gozar de balde ao público ordense con maxia, teatro, monólogos, música e humor.
 

Isi baixa o pano do Outono Cultural