Novo curso de fitosanitarios en Ordes
Terá unha duración de 25 horas e impartirase ao longo de catro xornadas ata o mes de decembro.
Ordes vai acoller un curso teórico-práctico de aplicador de produtos fitosanitarios. Terá unha duración total de 25 horas e impartirase ao longo dos días 29 e 30 de novembro e 13 e 14 de decembro en horario de mañá. Concretamente dende as 9.30 h. ata as 14.45 h., agás o 13 de decembro,no que a maiores tamén haberá clase dende as 16.45 h. ata as 20.45 h.
Impartido polo Grupo Athenea, terá un custo de 125 euros.
A asistencia a esta formación brinda a posibilidade de presentarse ás probas para obter o carné homologado pola Xunta de Galicia, as cales terán lugar o 19 de decembro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.
Para calquer tipo de información pódese chamar ao teléfono 654 118 627.