Unha festa por todo o alto. Así hai que dicilo porque a celebración organizada pola Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes co gallo do Samaín foi todo un éxito. O venres o Campo da Feira de Ordes acolleu ata ben entrada a madrugada a centenares de mozos e mozas que non pararon de bailar coa disco móbil CDC e a orquestra Origen. Os máis novos e novas xa tiveran o seu momento pola tarde coa actuación do  Mago Piter e o seu espectáculo A maleta máxica e cos obradoiros de  pintacaras e maquillaxe. A pesar de que o día non acompañou moito dada a chuvia caída isto non foi un problema grazas á carpa climatizada que se instalou. 

Tanto o Concello de Ordes, como a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e a Xunta de Galicia, colaboraron con este evento. 
 

Festa por todo o alto no Campo da Feira de Ordes para celebrar o Samaín