A rapazada de Ordes divírtese co Samaín Camp
Máis de 15 nenos e nenas participan hoxe no Samaín Camp. Unha xornada de conciliación organizada polo Concello de Ordes e que terá continuidade o vindeiro luns, día 3 de novembro. Ao igual que en edicións anteriores esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos escolarizados no municipio. Cada un e unha deles/as desfrutarán ao longo de toda a mañá de traballos manuais, xogos deportivos e tradicionais, festas de disfraces, ademais de música, movemento e obradoiros creativos.