Este venres o público ordense desfrutou da peza teatral O proceso.

Novamente o teatro volveu ser o protagonista do programa do Outono Cultural organizado polo Concello de Ordes. Este venres foi a quenda para O proceso. Cándido Pazó asina este sainete baseado no proceso xudicial que condenou no ano 1880 a Manuel Curros Enríquez tras a denuncia interposta polo bispo de Ourense. 

O programa continuará este venres ás 20 horas coa actuación do televisivo Isi, que traerá ata o auditorio da Casa da Cultura o seu espectáculo O 90% é verdade. Un monólogo dirixido a un público a partir de 12 anos, baseado nas anécdotas e historia dunha particular familia con tres nais e uns veciños do máis particular.

Este iniciativa cultural desenvólvese conxuntamente coa Deputación da Coruña.

Isi será o próximo protagonista do Outono Cultural