Fran Campos trae a Ordes este espectáculo baseado no exitoso libro de Xosé Lueiro. O aforo está limitado a 30 persoas

A Biblioteca Municipal de Ordes ten organizada de cara este próximo venres, 7 de novembro, unha nova sesión das Tardes de Contos e Lendas. Nesta ocasión irá dirixida á rapazada con idades entre os 3 e os 6 anos. Fran Campos chega a Ordes co seu espectáculo infantil Fazulas e o ladrón de paraugas, baseado no exitoso libro de Xosé Lueiro. Nel nárranse as aventuras emprendidas polo gato Mejillas na súa teima de saber de que cor é o vento. Unha situación que permitirá  sensibilizar á cativada sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos.

     Para poder asistir é necesario inscribirse previamente, ao ter un límite de capacidade de 30 persoas. Poderase facer mesmamente na biblioteca ou chamando ao teléfono 981 681 992. O Concello de Ordes conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a través do seu programa Culturactiva, para levar a cabo esta cita.
 

Fazulas e o ladrón de paraugas, este venres nas Tardes de Contos e Lendas da biblioteca