Esta mañá presentouse en Ordes o proxecto ActivaVerde. Con el quérese contribuír e facilitar a recualificación profesional e a inserción laboral daquela poboación que se ve afectada polo peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes de García Rodríguez. Ademais da presidenta da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Susana Garía, a xornada contou coas  intervencións de varios/as representantes da Asociación de Industrias do Metal e de Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME), CCOO, UGT-FICA Galicia e da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC). As persoas que asistiron puideron expoñer as súas dúbidas e consultas, explorar oportunidades de negocio e establecer novos vínculos de cara a futuros proxectos.

Impulsado pola Xunta de Galicia, o programa ActivaVerde está financiado polo Fondo Europeo de Transición Xusta e conta co respaldo do Ministerio de Facenda.
 

Preséntase en Ordes o programa ActivaVerde