Xornada sobre a xenética do pastoreo
Será gratuíta e desenvolverase o 14 de novembro en Ordes por parte do gandeiro e biólogo Antonio Tucci. Inclúe xantar con pinchos e a visita a unha granxa situada na parroquia de Beán
O próximo 14 de novembro terá lugar en Ordes unha xornada gratuíta sobre xenética no pastoreo. Correrá a cargo de Antonio Tucci, gandeiro, biólogo ambiental e asesor, quen falará sobre o manexo axeitado dos pastos para unha maior eficiencia e sobre a xenética do pastoreo entendida como a eficiencia de converter a forraxe en carne ou leite.
Terá lugar no salón de plenos situado nos baixos da alameda (Rúa Xosé Xoxardo s/n) de 10 a 14 horas. O programa previsto inclúe a visita a unha granxa en Beán dende as 16 ás 18 horas para ver in situ os conceptos impartidos previamente. Tamén haberá un xantar con petiscos.
As persoas que queiran participar poden inscribirse a día de hoxe chamando ao teléfono 981 682 908 ou enviando un correo electrónico ao enderezo ordes@sindicatolabrego.gal.
Esta actividade está organizada polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e a Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros en colaboración co Concello de Ordes. Conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.