Pablo Díaz, ou mellor dito a súa música, foi o protagonista no Día das Bibliotecas. O músico infantil acudiu esta fin de semana a Ordes, onde ofreceu un cantacontos para meniños e meniñas de 0 a 3 anos. As 30 prazas que se ofreceron cubríronse ao completo en pouco tempo, o que dá conta da aceptación e o interese que no municipio hai por este tipo de actividades. Para levala a cabo, nesta ocasión o Concello de Ordes contou coa colaboración da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural.
 

A música de Pablo Díaz conmemora en Ordes o Día das Bibliotecas