As crianzas, protagonistas das Tardes de Contos e Lendas
Pablo Díaz ofrecerá un contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos
Dende a Biblioteca Municipal de Ordes anúnciase para o vindeiro venres, 24 de outubro, unha nova sesión das súas Tardes de Contos e Lendas. Nesta ocasión estará dedicada ás crianzas. Pablo Díaz ofrecerá ás 18.30 horas o seu cantacontos musicalizado para meniños e meniñas de 0 a 3 anos. Grandes, pequenas e pequenos poderán cantar melodías sacadas de contos e textos infantís.
O aforo está limitado a 30 persoas, polo que é necesario reservar praza chamando ao 981 681 992 ou ben presencialmente na mesma biblioteca.
Nesta actividade o Concello de Ordes conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural.