Ángel Carracedo deixa pequeno o auditorio da Casa da Cultura
O salón de actos María del Carmen Regueira Amor quedou pequeno. Non houbo nin unha cadeira baleira. O público encheu este espazo da Casa da Cultura para seguir en directo ao profesor Ángel Carracedo, quen ofreceu un relatorio sobre xenética e o seu estudo e posterior uso na prevención de enfermidades canceríxenas. O destacado investigador tamén falou do proxecto de investigación Xenoma Galicia. Entre as persoas asistentes estivo o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, así como moitos socios, socias e persoal directivo da Asociación Española Contra o Cancro en Ordes, organizadores do acto. Para levalo a cabo contouse coa colaboración do Concello de Ordes.
